Thursday, January 12, 2012

Universidade de Santiago. Homenaxean este xoves en Dereito ao profesor Francisco Puy




O profesor da USC Francisco Puy recibirá este xoves 12 unha homenaxe na Facultade de Dereito por parte de numerosas amizades e persoas coas que colaborou ao longo da súa traxectoria académica.
No acto, que se desenvolverá ás 12.30 horas no salón de graos, faráselle entrega dun libro homenaxe no que participaron docentes de Filosofía do Dereito de España e o estranxeiro (Arxentina, Francia, Portugal, Uruguai, México..) coordinados pola catedrática de Filosofía do Dereito da USC Milagros Otero.
O volume leva por título Tópica, Retórica y Dialéctica en la Jurisprudencia e está concibido como un diálogo co profesor Puy sobre as cuestións que o ocuparon durante estes últimos anos e nas que achegou un pensamento orixinal e novidoso.




XXX---XXX



Me alegra haber tenido ocasión de participar en esta obra homenaje, aportando a ella una modesta colaboración cuyo título es Hechos como argumentos: teoría narrativista y argumentación jurídica.
Agradezco sinceramente el afecto personal que siempre me ha dispensado y el apoyo académico que de él recibí sin exigencia alguna.
Desde aquí, querido don Francisco, le envío un cálido abrazo.

No comments: